Encoro do Tambre

  • É un dos lugares máis aprezados polos excursionistas. Pode contemplarse a vella central, a ponte colgante sobre o río Tambre e a Devesa de Nimo, unha fraga centenaria que pode visitarse a través dun vieiro serpeante que corre paralelo, entre carballos e fervenzas, á marxe esquerda do río.