Está situada no corazón do cemiterio. Foi declarada Conxunto Histórico Artístico Nacional no ano 1973.
Construída polo Arcebispo de Compostela Berenguel de Landoira (1327) fóra das murallas da vila, pertence ó estilo gótico mariñeiro. Presenta unha soa nao, dividida en catro tramos afastados por arcos apuntados. No interior, ademais do Museo das Laudas, pode albiscarse o sartego de Xoán de Estivadas, a Capela dos Carneiros e unha fermosa pía bautismal.
No exterior destaca o porche da entrada (1817), a inscrición fundacional enriba da porta do sur e os sartegos construídos no muro norte. No cemiterio pode observarse o cruceiro gótico, no sur, e o baldaquino (s. XVI), coñecido como o Cristo do Humilladoiro, no norte.