Museo das Laudas

  • Atópase no interior da igrexa medieval de Santa María a Nova. Consta dunha valiosa colección de Laudas Sepulcrais. A presencia de máis de 500 laudas, comprendidas entre os séculos XIV e XIX xustifica a importancia do cemiterio. As laudas expostas na nave da igrexa presentan na súa superficie relevos (escudos e figuras) e gravados (marcas e útiles de traballo) que identificaba ó defunto. En función destas insculturas poden clasificarse en: Laudas Heráldicas, Laudas con Figuras Humanas, Laudas con Marcas Profesionais, Laudas con Inscricións e Laudas Mixtas.

    Os numerosos gravados referidos ás profesións dos defuntos (xastres, carniceiros, canteiros, carpinteiros, mariñeiros, etc.) converten a esta necrópole medieval nun salientable cemiterio gremial.