Hospital de Adentro

  • Era un dos tres hospitais medievais que existían na vila, xunto co Hospital do Espírito Santo e o de San Lázaro. Amosa unha fachada plana cun arco apuntado na súa porta e o escudo de armas do arcebispo de Compostela Rodrigo de Luna. Tamén se coñece co nome de Casa da Gramática.