Claustro de San Francisco

  • É de estilo renacentista. As esculturas e os escudos atesourados baixo as súas elegantes arcadas falan do pasado histórico da vila. Un rexo pozo e un fermoso cruceiro acentúan a solemnidade do lugar. O seu estado actual de conservación remítenos á controvertida época da Desamortización eclesiástica.